两班倒是什么意思| 总胆固醇什么意思| 肚脐眼发炎是什么原因| 转网是什么意思| 凤毛麟角是什么生肖| 肝内钙化斑是什么意思| 哺乳期吃什么水果好| 0点是什么时辰| bgm是什么意思| 木灵念什么| 良性反应性改变是什么意思| 臊子面的臊子是什么| 失眠吃什么食物最有效| 正月初四是什么星座| 间质性肺病是什么意思| 私联是什么意思| 月经颜色暗红色是什么原因| 手指头痒是什么原因| 禹字五行属什么的| 不遗余力什么意思| 下巴长痣代表什么| 什么是沙眼| 喉咙干是什么原因| 心动过速吃什么药最好| 眩晕是什么原因引起的| 嘴唇干是什么原因引起的| 西瓜红是什么颜色| 双生痣是什么意思| ahc是韩国什么档次| 胃体隆起是什么意思| 策划是干什么的| 阴囊瘙痒挂什么科室| 晚上睡觉老做梦是什么原因| 梦到拔牙是什么预兆| 什么而去的四字词语| 玉兰花什么季节开| 尿白细胞弱阳性是什么意思| 司局级是什么级别| 1998年的虎是什么命| 手控是什么意思| 莫桑钻和钻石有什么区别| 梦见自己生个女孩是什么意思| 白细胞低什么原因| 抖是什么生肖| 火钳刘明什么意思| 树挪死人挪活是什么意思| 喝什么睡眠效果最好| 吃什么可以快速美白| 118是什么星座| 咳嗽有绿痰是什么原因| 阴道里面瘙痒是什么原因| 小孩晚上睡觉流口水是什么原因| u是什么意思| 6月4号什么星座| 医生说忌生冷是指什么| 工作室是干什么的| 馍是什么意思| 斜杠青年什么意思| 胸口痛什么原因| 病毒性扁桃体发炎吃什么药| 2008年什么年| 飞机是什么意思| 银梳子梳头有什么好处和坏处| 农历正月初一是什么节日| 癫疯病发作前兆有什么症状| 乳清是什么| 什么炒菜好吃| 铅超标有什么症状| 大年初一是什么生肖| 阳痿是什么原因引起的| 左心室舒张功能减退是什么意思| 大姨妈吃什么| 堪舆是什么意思| 什么是老赖| 子宫内膜增厚是什么意思| 手上掉皮什么原因| 无创什么时候做| 血脂稠吃什么好| 男戴观音女戴佛有什么讲究| 辱骂是什么意思| 天地银行是什么意思| 跑步后脸红是什么原因| 月全食是什么意思| 盆腔积液是什么原因引起的| 老人不睡觉是什么预兆| 涉黑是什么意思| 什么东西蛋白质含量高| 寒露是什么意思| 大便为什么是黑色的是什么原因| 美女是什么生肖| 舌苔发白什么原因| 做水煮鱼用什么鱼最好| 什么的梅花| 性激素六项查什么| 老是拉肚子什么原因| 膝关节疼痛吃什么药好| 梦见绿豆是什么意思| gap是什么牌子的衣服| 化纤是什么面料| 531是什么意思| 有福气是什么意思| 什么是疤痕增生| 隐是什么意思| 糖尿病人早餐吃什么最好| 乩童是什么意思| 白鱼又叫什么鱼| 鼻甲肥大吃什么药最好| 霉菌性中耳炎用什么药| 痛风不能吃什么食物| al是什么| 磨牙挂什么科| 满满是什么意思| 流鼻子打喷嚏吃什么药| 同人是什么意思| 乜是什么意思| 大肠炒什么菜好吃| 吃什么皮肤会变白| 六字真言是什么| 属牛幸运色是什么颜色| 淋巴细胞低说明什么| 荀彧字什么| 女性膀胱炎是什么症状| 眼泪多是什么原因| 抗核抗体阴性说明什么| 南红是什么| 县教育局局长是什么级别| 来例假可以吃什么水果| 熊猫属于什么科| 巴士是什么意思| 骨古头坏死吃什么药| 双歧杆菌三联和四联有什么区别| 冰箱保鲜室不制冷是什么原因| 叹气是什么意思| 车前草长什么样| 鸡蛋壳薄是什么原因| 梦到蛇是什么预兆| alienware是什么牌子| 什么叫慢性非萎缩性胃炎| 素金是什么意思| 什么是结扎| 血糖偏高能吃什么水果和食物最好| 62岁属什么生肖| 羽军念什么| 四个月宝宝可以吃什么辅食| 肝血管瘤是什么病| 爱啃指甲是什么原因| 鸭子吃什么| 疤痕修复用什么药膏好| 阿司匹林肠溶片治什么病| 绿色蛇是什么蛇| 维酶素片搭配什么药治萎缩性胃炎| 碳水化合物指的是什么食物| 什么的春寒| blossom是什么意思| 2020属什么生肖| 缺维生素c会得什么病| 射手座最配什么星座| 胰腺炎吃什么好| 偶发房性早搏是什么意思| 喝酒对身体有什么影响| 吃什么可以健脾养胃| 什么叫撤退性出血| 素海参是什么做的| category是什么意思| 尿激酶的作用及功效是什么| 透明隔间腔是什么意思| 移植后要注意什么| 二氧化碳分压高说明什么| 为什么会胀气| 烂脚丫用什么药能治除根| 蟋蟀用什么唱歌| 低盐饮食有利于预防什么| 谁的尾巴有什么作用| 肝脏检查挂什么科| 痛经喝什么| 黄疸有什么症状| 右眼皮跳是什么原因| 颈部淋巴结挂什么科| 鼻咽炎有什么症状| 尿路感染用什么药好| 什么大腰粗| 鹿晗什么星座| 梦见上班迟到什么意思| 八月八日是什么星座| 慢性咽炎吃什么| 半夜口渴是什么原因| 96年属什么的生肖| 7月16号是什么星座| 怀孕检查挂什么科| 鱼疗是什么鱼| 木薯淀粉可以做什么| 夜盲症是什么意思| 心肌缺血有什么症状和表现| 肚子中间疼是什么原因| 膝关节痛什么原因| 憋尿有什么危害| 儿童头疼挂什么科| 素鲍鱼是什么做的| 9月3号是什么纪念日| 1998年出生属什么生肖| 红茶适合什么季节喝| 一九三七年属什么生肖| 重庆有什么烟| 不成敬意什么意思| 小鱼爱吃什么| 弼马温是什么意思| 1600年是什么朝代| 生蚝和牡蛎有什么区别| 越睡越困是什么原因| 早上适合做什么运动| 为什么爱放屁| 胡同是什么意思| 除日是什么意思| 疏肝解郁是什么意思| 闹乌龙是什么意思| 什么是血脂| 肿瘤标志物cA724高说明什么| 11月15日什么星座| 丝瓜为什么会苦| 怕冷不怕热是什么体质| 文员是什么| 红楼梦贾家为什么被抄家| 阴血亏虚吃什么中成药| 更年期什么症状| 小肠镜什么情况下需要做| 和能组什么词| 西楚霸王是什么生肖| 慷慨解囊是什么意思| 妊娠纹什么时候开始长| 尖锐湿疣是什么| 缺铁性贫血吃什么药最好| 男性尿血是什么原因导致的| 补钙吃什么食物| 牛肉可以炖什么| 庚戌五行属什么| 卵是什么意思| 肝功能检查什么| 过早是什么意思| 泥淖是什么意思| 保险费率是什么| 小水滴会变成什么| 铁观音什么季节喝最好| 早餐吃什么有营养| 炖鸡汤放什么材料| 吃什么护肝| 割包皮什么意思| 虎是什么结构| 固摄是什么意思| KH是什么| 什么是传染性软疣| 助产学是干什么的| 什么叫点映| 为什么会血压低| 蜂蜜的波美度是什么意思| 百无一用是什么意思| hr是什么职业| 事业编制是什么意思| 冒菜是什么菜| 胃窦黄斑瘤是什么病| 蝉是什么意思| cma检测是什么| 50岁女人出轨为了什么| 建军节是什么时候| 156是什么意思| 百度Saltar ao contido

第二十六届中国新闻奖网络新闻作品初评参评公示公告

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ubuntu (GNU/Linux)


Instancia dedistribución de GNU/Linux, sistema operativo libre, digital commons (en) Traducir, operating system distribution (en) Traducir, Unix-like e marca rexistrada Editar o valor en Wikidata
Subclase deLinux Editar o valor en Wikidata
Epónimoubuntu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaAsturix (pt) Traducir, Bodhi Linux (en) Traducir, elementary OS, KDE neon (pt) Traducir, Linux Lite (pt) Traducir, Linux Mint, LXLE Linux (pt) Traducir, Peppermint Linux OS (pt) Traducir, Pinguy OS (pt) Traducir, Pop!_OS (pt) Traducir, Trisquel GNU/Linux, Ubuntu Unity (pt) Traducir, Zorin OS (pt) Traducir, Ubuntu Kylin (pt) Traducir e AnduinOS Editar o valor en Wikidata
Baseado enDebian Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribucióndescarga dixital Editar o valor en Wikidata
Características
Plataformax86-64, x86, ARM architecture, Ppc64 (pt) Traducir, IBM S/390 (pt) Traducir e RISC-V Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC++, C, Shell script e Python Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUGNOME Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Publicación20 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Creación20 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aMark Shuttleworth Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMicrosoft Store e BitTorrent Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorCanonical Ltd. Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Blog oficialubuntu.com… Editar o valor en Wikidata
Páxina WEBubuntu.com Editar o valor en Wikidata
Teléfono+81-52-953-0032 Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ubuntulinux Twitter: ubuntu Instagram: ubuntu_os LinkedIn: 234280 GitHub: ubuntu Editar o valor en Wikidata
Manualhelp.ubuntu.com Editar o valor en Wikidata
Repositoriocode.launchpad.net… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]
百度 我们花了很大的力气去解决问题,基本上把年龄的问题做了调整,学历的问题没有全调只调了一个,就是生物科技不一定非得是本科或研究生,因为还没有收入,品行的问题还是不行,但香港接受了婚前协议。

Ubuntu (AFI: /u?buntu/ en inglés[1], /ùbúntú/ en zulú) é unha distribución ou distro de GNU/Linux para computadoras de escritorio, portátiles e servidores. Baséase (fork) en Debian GNU/Linux e patrocínaa Canonical Ltd., empresa privada fundada e financiada polo seu actual dono, o empresario surafricano Mark Shuttleworth. é unha das distribucións de GNU/Linux máis populares[2], con máis de 8 millóns de usuarios[3], Ubuntu pretende ser un sistema operativo actualizado, e concentra os seus esforzos na facilidade e liberdade de uso, os lanzamentos regulares (cada 6 meses) e a facilidade de instalación.

Historia abreviada

[editar | editar a fonte]

O nome desta distribución provén dunha palabra que en zulú e xhosa pode ser traducida como "unha persoa é unha persoa grazas a outras persoas", "son o que son polo que todos nós somos" ou "a crenza nun lazo universal de compartir que conecta a toda a humanidade"[4], aínda que existen máis traducións do termo. O eslogan da distribución é "Linux para seres humanos" (Linux for Human Beings en inglés).

Ubuntu debe o seu nome ao movemento surafricano homónimo encabezado polo bispo Desmond Tutu e Edgar Granados, quen ga?aron o Premio Nobel da Paz en 1984 polas súas loitas en contra do Apartheid en Suráfrica. O surafricano Mark Shuttleworth, o mecenas do proxecto, encontrábase moi familiarizado coa corrente. Tras ver similitudes entre os ideais dos proxectos GNU, Debian e, en xeral, co movemento polo software libre, decidiu aproveitar a ocasión para difundir os ideais de Ubuntu.

Ubuntu publica novas versións do seu sistema operativo cada seis meses aproximadamente, e sopórtaas con actualizacións de seguridade e correccións de erros diarias durante dezaoito meses. Tamén hai versións LTS (siglas de Long Term Support, inglés para soporte de longa duración), que contan con soporte de tres anos para a súa versión de escritorio, e cinco no caso da versión para servidores. Estas versións son publicadas cada dous anos. A última versión LTS é a 16.04 e terá soporte ata abril de 2021. A versión actual de Ubuntu, a 17.04 ("Zesty Zapus"), liberouse o 13 de abril de 2017 e terá soporte ata xaneiro de 2018. A partir da seguinte versión, Ubuntu 17.10, o contorno de escritorio pasará de ser Unity a ser GNOME 3.

Na actualidade Ubuntu é unha das distribucións de GNU/Linux das máis empregadas.

Ubuntu GNU/Linux, pantallazo da súa primeira versión, a 4.10
Mark Shuttleworth da Fundación Ubuntu na WSIS 2005 de Tunisia

A creación da primeira versión de Ubuntu foi anunciada por Canonical Ltd. o 8 de xullo de 2004, e contou cun financiamento inicial de 10 millóns de dólares. O proxecto naceu por iniciativa dalgúns programadores dos proxectos Debian e GNOME, decepcionados co xeito de operar do proxecto Debian, cuxa distribución de Linux sen ánimo de lucro era daquela a máis popular do mundo.

De acordo cos fundadores, Debian era un proxecto demasiado burocrático onde non existían responsabilidades definidas e onde calquera proposta interesante se afogaba nun mar de discusións. Ademais, Debian non pu?a énfase en estabilizar o desenvolvemento das súas versións de proba e só proporcionaba auditorías de seguridade á súa versión estábel, a cal usaba só unha minoría debido á pouca ou mesmo nula vixencia que posuía en termos da tecnoloxía Linux actual.

Tras formar un grupo multidisciplinario, os programadores decidiron buscar o apoio económico de Mark Shuttleworth, un emprendedor surafricano que vendeu a empresa Thawte a VeriSign, catro anos despois de fundala no garaxe do seu domicilio, por 575 millóns de dólares estadounidenses.

Shuttleworth viu con bos ollos o proxecto e decidiu convertelo nunha iniciativa autosostible, combinando a súa experiencia na creación de novas empresas co talento e a experiencia dos programadores da plataforma Linux. Deste xeito naceu a empresa Canonical, encargada de soster economicamente o proxecto mediante a comercialización de servizos e soporte técnico a outras empresas. Mentres que os programadores armaban o sistema, Shuttleworth aproveitou a ocasión para aplicar unha pequena campa?a de mercadotecnia para espertar interese na distribución sen nome (the no-name-distro en inglés).

Tras varios meses de traballo e un período de probas lanzouse o 20 de outubro de 2004 a primeira versión de Ubuntu (Warty Warthog). Comezou como unha "desviación" (fork) temporal do proxecto Debian[5], co obxectivo de ofertar unha versión cada seis meses[6] (Debian só lanza unha versión nova "cando o código está listo"). Os lanzamentos de novas versións de Ubuntu sempre inclúen a última versión de GNOME, e planéanse de xeito que son liberadas arredor dun mes despois das de GNOME. En contraste con outras desviacións xeneralistas de Debian como MEPIS, Xandros, Linspire, Progeny e Libranet, Canonical permanece fiel á filosofía de Debian e adoita a ofrecer software libre[7] en vez doutras opcións propietarias.

O logo e maila tipografía de Ubuntu levan co mesmo aspecto desde a primeira versión deste. A fonte usada é a Ubuntu-Title e fíxoa Andy Fitzsimon[8]. A fonte distribúese baixo licenza LGPL e recoméndase encarecidamente o seu uso nos logos derivados do de Ubuntu.

Os paquetes de Ubuntu adoitan basearse nos da pola inestábel de Debian. Ubuntu fai uso, ao igual que Debian, dos ficheiros deb para a instalación, se ben non sempre son compatíbeis as súas versións coas deste último[9]. Algúns programadores de Ubuntu son tamén voluntarios de Debian e as modificacións que fan en Ubuntu envíanllas a Debian, aínda que entre os que se dedican só a Debian existe a sensación de que Ubuntu "toma máis do que dá".

Financiamento

[editar | editar a fonte]

Ubuntu recibe fondos de Mark Shuttleworth a través de Canonical Ltd. O 8 de xullo de 2005, Canonical anunciou a creación da Fundación Ubuntu co propósito de asegurar o apoio e desenvolvemento das futuras versións de Ubuntu, se ben esta fundación non ten actividade real. Mark Shuttleworth descríbea como un fondo de emerxencia para o caso de que remate a implicación de Canonical.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Colaboración con Debian

[editar | editar a fonte]

Ubuntu non só se relaciona con Debian polo uso do mesmo formato de paquetes (aínda que non sempre son compatibles os dun e doutro sistema), senón que ten tamén fortes unións con esa comunidade, contribuíndo con calquera cambio directa e inmediatamente, e non só anunciándoos. Isto ocorre nos tempos de lanzamento. Moitos dos desenvolvedores de Ubuntu son tamén responsables dos paquetes importantes dentro da distribución Debian.

Ideas da comunidade

[editar | editar a fonte]

Calquera persoa que te?a co?ecementos de inglés e conexión a Internet pode presentar as súas ideas para futuras versións de Ubuntu. O primeiro lugar habilitado para isto foi a wiki do proxecto[10], mais agora utilízase unicamente para arquivar propostas e non se permite a súa edición ao público. En febreiro de 2008 foi substituída pola páxina Ubuntu Brainstorm[11], que permite aos usuarios propo?er as súas ideas e votar as do resto. Infórmase ademais de cales das ideas propostas están en desenvolvemento ou están previstas.

Características

[editar | editar a fonte]

Ubuntu baséase na distribución Debian GNU/Linux, e posúe unha morea de aplicacións prácticas e sinxelas para a configuración de todo o sistema, a través dunha interface gráfica útil para os usuarios que se inician en sistemas Linux. O contorno de escritorio oficial da versión principal de Ubuntu é GNOME, e os lanzamentos de SO e escritorio están sincronizados. Porén, existen variantes de Ubuntu que levan instalados e configurados por defecto outros escritorios, tales coma KDE (Kubuntu) ou Xfce (Xubuntu), e estes e outros escritorios poden instalarse dende calquera das versións do sistema operativo unha vez instalado este na computadora.

Como case calquera distribución baseada en Linux, Ubuntu conta con repositorios de software. Isto é, cun programa (Synaptic, Adept...) pódese acceder a unha lista de software que se pode instalar e actualizar dun xeito moi doado. Cabe salientar que Ubuntu é unha das distros con maiores repositorios, e que como case todas as distribucións, é capaz de actualizar ao mesmo tempo todas as aplicacións instaladas na computadora, algo do que non poden presumir outros sistemas operativos comerciais. Esta última característica permite que se poida actualizar a unha nova versión do sistema operativo -por exemplo, de Ubuntu 16.10 a Ubuntu 17.04- cunha "simple" actualización e sen necesidade dunha instalación completa e perda de datos ou configuracións.

A última versión de Ubuntu trae instalada por defecto unha gran variedade de software, incluíndo a suite de oficina LibreoOffice, o navegador Firefox, o programa de mensaxería instantánea multiprotocolo Pidgin, o cliente de redes Bittorrent Transmission, o editor de imaxes Gimp e mailo gravador de CDs e DVDs Brasero. Tamén inclúe un gran número de xogos de cartas, de taboleiro e crebacabezas, xunto con sudoku e xadrez. Ubuntu vén con todos os portos de redes pechados por defecto para maior seguridade, aínda que o seu firewall, que ofrece un maior control das conexións entrantes e saíntes, vén instalado pero non activado. Ubuntu é capaz de realizar tarefas tales coma escanear, e mesmo inclúe software de reco?ecemento óptico de caracteres para converter o escaneado en texto.

Seguridade

[editar | editar a fonte]

O sistema inclúe funcións avanzadas de seguridade e entre as súas políticas atópase a de non activar por defecto procesos latentes ao momento de instalarse. Por iso mesmo, non hai un firewall predeterminado, xa que non existen servizos que poidan atentar contra a seguridade do sistema.

Para tarefas administrativas coa terminal, Ubuntu inclúe o uso estendido da ferramenta sudo, semellante ao Mac OS X, coa que se evita o uso do usuario root (administrador).

Accesibilidade e internacionalización

[editar | editar a fonte]

Ubuntu tamén fai énfase na accesibilidade e maila internacionalización, para así chegar a tanta xente coma lle sexa posíbel. Comezando na versión 5.04, UTF-8 converteuse na codificación de caracteres predeterminada. A aparencia da interface de usuario na versión actual chámase Human (?Humano?) e caracterízase por sombras de marrón e laranxa.

Ubuntu está dispo?ible nunha grande diversidade de linguas, entre as cales está o galego. A tradución ao galego corre a cargo do grupo Ubuntu Galician Translators (?Tradutores ao galego de Ubuntu?)[12], persoas de todas partes que traducen constantemente os novos programas que se engaden á distribución e actualizan revisan as traducións dos programas xa existentes a través da rede coa ferramenta Launchpad.

A localización ao galego de Ubuntu está actualmente nos seus máximos niveis en toda a historia da distribución, sendo a número 17 das linguas cunha localización máis completa, por riba do catalán e preto do portugués. Ademais da porcentaxe traducida, nos últimos tempos tamén aumentou a calidade das traducións, dado que o equipo puxo especial énfase en tarefas de supervisión, corrección e control de coherencia terminolóxica e de estilo, ademais de coordinarse cos equipos de tradución dos contornos de escritorio e aplicacións que forman parte da distribución[13].

Requisitos do sistema

[editar | editar a fonte]

A versión de escritorio de Ubuntu soporta a día de hoxe as arquitecturas Intel x86 e AMD64. Algunhas versións para servidores soportan ademais a arquitectura SPARC. Tamén hai dispo?ible soporte non oficial para as arquitecturas PowerPC, IA-64 (Itanium), Playstation 3 e HP PA-RISC.

Os requisitos mínimos do sistema para a instalación de escritorio son un procesador x86 de 300 MHz, RAM de 64 MB, 4 GB de espazo no disco duro e tarxeta de vídeo con soporte para VGA nunha resolución de 640x480. Os requisitos recomendados do sistema para unha instalación de escritorio son un procesador x86 de 700 MHz, RAM de 384 MB, 8 GB de espazo no disco duro, e tarxeta de vídeo con soporte para VGA nunha resolución de 1024x768. A instalación de servidor precisa dun procesador x86 de 300 MHz, RAM de 64 MB e tarxeta de vídeo con soporte para VGA nunha resolución de 640x480. Os sistemas que non cumpran cos requisitos mínimos recomendados poderán probar con Xubuntu, baseado en Xfce, que require da metade da memoria RAM e espazo no disco duro.

Escritorio e Portátil Servidor
Necesario Recomendado
Microprocesador 300 MHz(x86) 700 MHz(x86) 300 MHz (x86)
Memoria 64 MB 384 MB* 64 MB
Espazo no disco duro 4 GB 8 GB 500 MB
Tarxeta de vídeo VGA @ 640x480 VGA @ 1024×768 VGA @ 640×480

* Cos efectos do escritorio activados.

Todos os lanzamentos de Ubuntu proporciónanse sen custo ningún. Existe ademais unha versión DVD para evitaren a dependencia de Internet. Para conseguir unha copia de Ubuntu, pódese descargar unha imaxe ISO dos discos por descarga directa, ou por redes P2P tales coma eDonkey2000 e BitTorrent. Aconséllase descargar Ubuntu a través da rede BitTorrent, debido á súa velocidade de descarga, e a que deste xeito os clientes descargan a distribución os uns dos outros evitando a sobrecarga dos servidores.

Canonical ofrece CDs de instalación de Ubuntu completamente de balde, sen sequera gastos de envío, na maioría dos estados de todo o globo, incluído Espa?a, a través do servizo ShipIt. Unha vez completada a solicitude e tras a súa aprobación, os CDs envíanse gratuitamente por correo ao enderezo dos usuarios. Dende a aprobación da solicitude ata a entrega estímase que tarda entre seis e dez semanas, aínda que non ten por que tardar tanto. Nestes momentos, só están dispo?ibles vía ShipIt Ubuntu e mais as súas variantes Kubuntu e Edubuntu. ShipIt só fornece a versión máis recente de Ubuntu.

Como curiosidade, apuntar que a versión 6.10 non se chegou distribuír de balde, aínda que si se distribuíu así a 7.04.

Soporte comercial

[editar | editar a fonte]

Ubuntu está dispo?ible preinstalado en computadoras de diferentes marcas, entre as que destacan Dell, Tesco e System 76. As dúas primeiras, Dell e Tesco, levan ofertando esta opción desde 2007, mentres que System 76 o fai desde novembro de 2005. Os clientes de Dell e mais System 76 poden pedir soporte para Ubuntu de 30 días, 3 meses ou 1 ano a través da compa?ía Canonical. Dell aumentou máis adiante a dispo?ibilidade das computadoras baseadas en Ubuntu po?éndoas á venda no Reino Unido, Francia, Alema?a, Canadá, Espa?a e Latinoamérica. As máquinas Dell seleccionadas con Ubuntu 7.10 te?en a capacidade, grazas a LinDVD, de reproducir DVDs legalmente e de balde.

Instalación

[editar | editar a fonte]
Pantalla de benvida de Ubuntu 12.10 ó arrancar para instalar ou probar.

Hai numerosos xeitos de instalar Ubuntu:

CD de escritorio

[editar | editar a fonte]

O CD de escritorio, máis comunmente co?ecido como LiveCD, contén o instalador Ubiquity, que permite ao usuario probar Ubuntu sen necesidade de instalalo na computadora, e a continuación instalalo no disco duro dende o ambiente do LiveCD unha vez probado sen necesidade de reiniciar a computadora antes da instalación. Recoméndase o uso deste CD, xa que permite comprobar a compatibilidade co hardware antes de realizar a instalación. Precísanse polo menos 384 MB de RAM para instalar con este CD.

Ubuntu ofrece unha serie de aplicacións que lle fornecen un funcionamento completo desde a instalación estándar, pero non se queda nin moito menos nun sinxelo CD. O Live CD permite aos usuarios comprobar se o seu hardware é compatible antes de instalalo no disco duro. Unha vez comprobado, o Live CD úsase para instalar Ubuntu a través do instalador Ubiquity. Os CDs de Ubuntu poden pedirse gratuitamente, e tamén descargarse en imaxe de CD. Unha vez instalado no disco duro, Ubuntu precisa de 4 GB de espazo. Tamén hai a disposición do usuario un disco de instalación alternativo que se vale do instalador estándar de Debian en modo texto, aínda que este CD só pode obterse por descarga. Está pensado para a xente con computadoras de baixo rendemento, comerciantes de sistemas con Ubuntu preinstalado e para particionados complexos.

Co lanzamento de Ubuntu 7.04 en abril de 2007, o proceso de instalación de Ubuntu cambiou lixeiramente. Desde entón soporta a migración desde Microsoft Windows. A nova ferramenta de migración, co?ecida como Migration Assistant, importa os datos persoais dos usuarios de Windows, o fondo de escritorio, e mailas configuracións para usalas inmediatamente na instalación de Ubuntu.

Coa ferramenta Wubi, é posible instalar Ubuntu nunha partición de Windows, sen ter que usar un ficheiro ISO. Fai uso tamén da ferramenta de migración que importa as configuracións dos usuarios de Windows. Wubi naceu coma un proxecto independente, mais desde a versión 8.04 o código introduciuse en Ubuntu pode atoparse esta ferramenta no seu Live CD.

Tamén cabe destacar que no caso de que intentemos instalar unha versión de Ubuntu de 64 bits nunha computadora de 32 que te?a conexión a Internet, o instalador descargará automaticamente a versión axeitada e a instalará no lugar da versión que vén co CD.

CD de instalación alternativo

[editar | editar a fonte]

O CD de instalación alternativo está dese?ado para instalacións especializadas de Ubuntu. O CD fornece un instalador en modo texto en lugar dun gráfico, e non é LiveCD. O CD foi dese?ado para se usar nas seguintes situacións:

  • creación de sistemas OEM preconfigurados,
  • posta a punto de configuracións automáticas,
  • actualización a novas versións sen acceso a Internet,
  • particionamento LVM e/ou RAID,
  • instalación en sistemas con menos de 384 MB de RAM (aínda que debe terse en conta que sistemas cunha memoria inferior á sinalada poderían non correr o contorno de escritorio axeitadamente, en cuxo caso sería recomendable instalar outro sistema, coma Xubuntu),
  • instalación de Ubuntu desde unha rede local ou desde os servidores de Ubuntu.

CD de instalación en li?a

[editar | editar a fonte]

O CD de instalación en li?a instala Ubuntu a través dunha rede local ou mesmo directamente desde un servidor de Ubuntu. A instalación desde un servidor asegura que os paquetes instalados estarán ao día. O CD de instalación en li?a contén unicamente o kernel, para dar comezo á instalación. A instalación realízase en modo texto e non se lles recomenda aos principiantes.

CD de instalación de servidor

[editar | editar a fonte]

O CD de instalación de servidor está dese?ado para a instalación de servidores Ubuntu e contén os paquetes precisos para a súa instalación sen conexión de rede. A instalación de servidor Ubuntu non instala ningunha interface gráfica.

CD/DVD personalizado

[editar | editar a fonte]

Existen diversos programas que permiten crear un LiveCD ou LiveDVD personalizado. Entre outros están remastersys, que crea o novo disco a partiren dunha instalación xa existente de Ubuntu, Ubuntu Customization Kit, máis enfocado a Ubuntu e especializado no tema de soporte de linguas, ou Reconstructor.

Clasificación e soporte do software

[editar | editar a fonte]
Fontes de Software, programa no que se selecciona o tipo de software que se quere usar no sistema.

Ubuntu divide todo o software en catro campos, chamados compo?entes, para reflectir as diferenzas na súa licenza e maila prioridade coa que se atenden os problemas reportados polos usuarios[14]. Son os seguintes:

Software libre Software propietario
Con soporte
Main
Restricted
Sen soporte
Universe
Multiverse

Aquí o software libre inclúe só aquel que cumpre os requisitos de licenza de Ubuntu[15], que se corresponden cos de Debian. Aínda así, hai unha excepción para a categoría main, que contén firmware e fontes que non poden ser modificadas sen o consentimento dos seus autores. En calquera caso, a súa redistribución está permitida.

O software privativo adoita non ter soporte (multiverse), mais fanse algunhas excepcións (restricted) para software propietario moi importante. Entre o software propietario con soporte están os controladores de dispositivos precisos para arrincar Ubuntu no hardware actual, como poden ser os controladores das tarxetas gráficas. O nivel de soporte na categoría restricted é máis limitado que na main, xa que os desenvolvedores poderían non ter acceso ao código fonte. Suponse que o software de main e mailo de restricted é o necesario para un sistema GNU/Linux de uso xeral. Nas categorías universe e multiverse atópanse os programas alternativos para as mesmas tarefas e programas para aplicacións especializadas.

Ademais dos repositorios oficiais está o Ubuntu Backports,[16] que é un proxecto reco?ecido oficialmente para actualizar o software desfasado de Ubuntu a versións que estean ao día. O repositorio non está completo. Está conformado por paquetes solicitados polos usuarios, que son aprobados se cumpren as normas de calidade.

Dispo?ibilidade de software propietario

[editar | editar a fonte]

Ubuntu conta cun sistema de certificación de software de terceiros[17]. O software propietario certificado por Ubuntu debería funcionar correctamente sobre o sistema operativo. Así e todo, algúns programas aos que están afeitos os usuarios de sistemas operativos de código pechado, coma Microsoft Windows ou macOS, son incompatibles e non están certificados por Ubuntu. Algúns programas propietarios que non te?en limitada a súa distribución inclúense na compo?ente multiverse de Ubuntu antes mencionada. O paquete ubuntu-restricted-extras contén software adicional que pode estar restrinxido legalmente, como pode ser o soporte para reproducir MP3 e DVD, fontes de letra Mycrosoft TrueType, Java runtime environment, o plugin Flash Player de Adobe, moitos codecs comúns de son e vídeo, e Unrar, un descompresor de ficheiros de tipo RAR.

Lanzamentos

[editar | editar a fonte]

As versións estables de Ubuntu libéranse cada seis meses (aínda que pode aprazarse) e manté?ense actualizadas en materia de seguridade durante 18 meses despois do seu lanzamento, salvo no caso das versións LTS (Long term support) que contan con 3 anos de soporte para a versión de escritorio e 5 para de servidor. Cada lanzamento dunha nova versión de Ubuntu conta cun nome e máis un número que a identifican. O número non obedece principalmente a unha orde de desenvolvemento, senón que se basea no díxito do ano e mailo mes da súa emisión. Por exemplo, a primeira versión de Ubuntu, a 4.10, viu a luz en outubro (10) do ano 2004 (4)[18]. Polo tanto, os nomes das futuras versións son provisionais. Se o lanzamento se atrasase e saíse nun mes distinto do planeado, o seu número cambiaría en consecuencia.

O nome das versións sempre se corresponde cun adxectivo e máis un animal. As iniciais dos nomes das versións (tanto do adxectivo coma do animal) forman unha serie que se corresponde co alfabeto inglés, con excepción das tres primeiras versións que deberían comezar respectivamente con A, B e C. Este modo de nomear as distintas versións débese a que deste xeito é máis doado, á hora de comparar varias versións, saber a orde en que estas saíron.

As versións lánzanse aproximadamente un mes despois dos lanzamentos de GNOME, que á súa vez te?en lugar arredor dun mes despois dos lanzamentos de novas versións da X.org. En consecuencia, cada nova versión de Ubuntu conta cunha nova versión de ambos GNOME e X.

Ubuntu 4.10 (Warty Warthog)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 4.10
Warty Warthog

Ubuntu 4.10 (Warty Warthog, inglés para Xabaril verrugoso), lanzado o 20 de outubro do 2004, foi o primeiro lanzamento do Ubuntu GNU/Linux de Canonical, creado coma un Debian GNU/Linux coa intención de ter unha nova versión cada seis meses e dezaoito meses de soporte de aí en adiante. O soporte desta versión rematou o 30 de abril do 2006.

A versión de escritorio ofrecía, entre outros programas, o Gaim 1.0, GIMP 2.0, GNOME 2.8, Mozilla Firefox 0.9, e OpenOffice.org 1.1. A versión para servidores contaba con MySQL 4.0, PHP 4.3, e Python 2.3. Esta versión usaba o kernel de Linux 2.6.8 con XFree86 4.3.

Nesta primeira versión de Ubuntu xa se ofreceu o servizo ShipIt, polo cal os usuarios poden solicitar completamente de balde CDs de instalación.

Ubuntu 5.04 (Hoary Hedgehog)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 5.04
Hoary Hedgehog

Ubuntu 5.04 (Hoary Hedgehog, inglés para Ourizo ancián), lanzado o 8 de abril do 2005, foi o segundo lanzamento do Ubuntu GNU/Linux de Canonical. O seu prazo de soporte rematou o 31 de outubro do ano 2006.

A instalación de escritorio de Ubuntu 5.04 incluíu, entre outros programas, o Gaim 1.1, o GIMP 2.2, GNOME 2.10, Mozilla Firefox 1.0, e OpenOffice.org 1.1. A versión para servidores incluíu MySQL 4.0, PHP 4.3 e Python 2.4. Esta versión usaba o kernel 2.6.10 e X.org 6.8.

Esta versión incorporou novas características entre as cales destacaron o Xestor de actualizacións, a notificación de actualización da versión, readahead e grepmap, modo de suspensión e hibernación, solicitude de soporte, escala dinámica de frecuencia para os procesadores, Base de datos de hardware de Ubuntu, instalación Kickstart e a autenticación predefinida do APT.

Ubuntu 5.10 (Breezy Badger)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 5.10
Breezy Badger

Ubuntu 5.10 (Breezy Badger, inglés para Teixugo despreocupado), que viu a luz o 13 de outubro do 2005, e foi a terceira versión de Ubuntu lanzada por Canonical. O seu soporte rematou o 13 de abril do 2007.

A versión para escritorio incluíu, entre outros programas, Gaim 1.5, GIMP 2.2, GNOME 2.12, Mozilla Firefox 1.0 e OpenOffice.org 1.9 (lanzamento pre-2.0). A versión para servidores incluía MySQL 4.1, PHP 5.0 e Python 2.4. Esta versión valeuse do kernel 2.6.12 e mailo X.Org 6.8.

Esta versión incorporou importantes características entre as cales destacan o cargador gráfico do sistema (Usplash), a ferramenta Engadir/Eliminar aplicacións, un editor do menú (Alacarte), un selector de lingua de uso sinxelo, soporte para administración lóxica de volume, soporte completo para as impresoras HP, soporte para o instalador OEM, e integración co Launchpad para informe de erros (bugs) e desenvolvemento de software.

Ubuntu 6.06 (Dapper Drake)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 6.06
Dapper Drake

Ubuntu 6.06 (Dapper Drake, inglés para Pato elegante), lanzado o primeiro de xu?o do 2006, foi a cuarta versión lanzada por Canonical, e a primeira LTS (con soporte de longa duración). O seu soporte rematou en xu?o do ano 2009 para a súa versión de escritorio, e en xu?o do 2011 para a versión de servidores.

A súa versións de escritorio contou, entre outros programas, co Gaim 1.5, GIMP 2.2, GNOME 2.14, Mozilla Firefox 1.5 e OpenOffice.org 2.0. A edición de servidor incluíu MySQL 5.0, PHP 5.1 e Python 2.4, así coma a opción de instalar LAMP. Ubuntu 6.06 valeuse do kernel 2.6.15 de Linux e máis do X.Org 7.0.

Esta versión contou con moitas características novas, tales coma incluír o LiveCD e mailo CD de instalación nun mesmo CD, un instalador gráfico no LiveCD (Ubiquity), aparición do Usplash ao apagar o sistema ademais de ao inicialo, un administrador de rede para cambiar facilmente entre múltiples conexións con ou sen fíos, implementación do tema Humanlooks (baseado en Clearlooks, substituíndo o marrón polo laranxa) con Tango, e o instalador gráfico GDebi para ficheiros .deb. Esta versión de Ubuntu non permitía instalar o sistema desde un dispositivo USB (coma un pendrive), pero permitiu por primeira vez intalar Ubuntu directamente nun destes dispositivos.

Ubuntu 6.10 (Edgy Eft)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 6.10
Edgy Eft

Ubuntu 6.10 (Edgy Eft, inglés para Píntega nerviosa), que saíu o 26 de outubro do 2006, foi a 5 versión de Ubuntu GNU/Linux. O seu soporte rematou o 25 de abril do ano 2008.

A edición de escritorio incluíu, entre outros, o Gaim 2.0, GIMP 2.2, GNOME 2.16, Mozilla Firefoz 2.0 e OpenOffice.org 2.0. A de servidor contou co MySQL 5.0, PHP 5.1, e Python 2.4. Para Ubuntu 6.10 usouse o kernel 2.6.17 e o X.Org 7.1.

Esta versión engadiu un gran número de novas características tales coma un tema Human totalmente modificado, o daemon init de Upstart, reportes automáticos para os colapsos (Apport), aplicación de notas no escritorio Tomboy e administrador de fotografías F-spot. EasyUbunutu, un programa de terceiros dese?ado para facer Ubuntu máis fácil de usar, incluíuse nesta versión coma un paquete meta.

Ubuntu 7.04 (Feisty Fawn)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 7.04
Feisty Fawn

Ubuntu 7.04 (Feisty Fawn, inglés para cervi?o agresivo), lanzado o 19 de abril do ano 2007, foi a sexta versión de Ubuntu que Canonical lanzou. O seu soporte rematou en outubro de 2008.

A edición de escritorio incluíu Gaim 2.0, GIMP 2.2, GNOME 2.18, Mozilla Firefox 2.0 e OpenOffice.org 2.2. A edición de servidores incluíu MySQL 5.0, PHP 5.2 e Python 2.5. Ubuntu 7.04 usou Linux 2.6.20 e X.Org 7.2.

A versión 7.04 incluíu un gran número de novas características tales coma o asistente para a migración desde Windows, soporte para máquina virtual baseada no kernel, instalación asistida de códecs e controladores restrinxidos, efectos de escritorio do Compiz, soporte para acceso a redes sen fíos restrinxidas, incorporación de sudoku e xadrez, un analizador do uso de disco duro (Baobab), o Centro de control de GNOME, e soporte Zeroconf para moitos dispositivos. Ademais, incorporou soporte para arquitecturas PowerPC.

Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 7.10
Gutsy Gibbon

Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon, inglés para Xibón valente), que viu a luz o 18 de outubro do ano 2007[19], foi a sétima versión de Ubuntu. O seu soporte rematou en abril do ano 2009.

A edición de escritorio incluíu GIMP 2.4, GNOME 2.20, Mozilla Firefox 2.0, OpenOffice.org 2.3 e Pidgin 2.2 (antigo Gaim). A edición de servidores incluíu MySQL 5.0, PHP 5.2 e Python 2.5. Ubuntu 7.04 usou Linux 2.6.22 e X.Org 7.2.

Entre as novas características desta versión destacan a framework de seguridade AppArmor, busca rápida no escritorio, un administrador de plugins do Firefox (Ubufox), unha ferramenta de configuración gráfica de X.org, soporte completo para escritura e lectura de particións NTFS grazas a NTFS-3G, e un renovado sistema de impresión coa impresión PDF predefinida. Ademais activouse Compiz Fusion de xeito predefinido, e engadiuse un intercambiador rápido de usuario.

Ubuntu 8.04 (Hardy Heron)

[editar | editar a fonte]
Ubuntu 8.04
Hardy Heron

Ubuntu 8.04 (Hardy Heron, inglés para Garza robusta), lanzado o 24 de abril do 2008, é a oitava versión de Ubuntu. é a segunda versión LTS (soporte a longo prazo). O seu soporte remata en abril de 2011 para as computadoras de escritorio e no 2013 para os servidores.

A edición de escritorio inclúe GIMP 2.4, GNOME 2.2s, Mozilla Firefox 3.0 (beta 5), OpenOffice.org 2.4 e Pidgin 2.4. A edición de servidores inclúe MySQL 5.0, PHP 5.2 e Python 2.5. Ubuntu 7.04 utiliza Linux 2.6.24 e X.Org 7.3.

A edición de escritorio inclúe unha morea de novas características, entre as que atopamos a integración da ferramenta de busca Tracker, o gravador de discos Brasero, o cliente bittorrent Transmission, o cliente VNC Vinagre, sistema de son por PulseAudio, e autenticación do Active Directory e inicio de sesión con Likewise Open. Ademais, incluíu actualizacións para Tango, diversas melloras no Compiz, integración e saída do rato automáticos ao utilizar unha máquina virtual VMWare, e un xeito máis doado de desinstalar Ubuntu. Ubuntu 8.04 é a primeira versión de Ubuntu en incorporar no LiveCD o instalador Wubi que permite instalar Ubuntu dentro dunha partición Windows coma un programa máis, sen necesidade de facer unha partición específica para el.

Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex, inglés para Cabra intrépida) viu a luz o 30 de outubro do 2008, sendo a novena versión de Ubuntu GNU/Linux lanzada por Canonical Ltd.. O seu soporte esténdese ata abril de 2010.

Esta versión chegou cunha morea de novas características entre as que destacan:

  • un dese?o completamente novo do contorno de escritorio GNOME, con novos temas visuais apostando por cores máis escuras[20], así como melloras nas posibilidades da escala do escritorio,
  • aumento da flexibilidade na conectividade á Internet,
  • selector de usuario OpenGL para o GDM,
  • inclusión dun directorio "privado" encriptado no directorio persoal,
  • un creador de LiveUSB en modo gráfico,
  • nova versión do navegador de ficheiros Nautilus, agora con soporte para lingüetas, así como do kernel de Linux, de X.org, do Network Manager, do Samba[20] e de KDE[21],
  • nova sesión de convidado, unha conta cos privilexios bastante limitados[20],
  • nova entrada "última sesión con éxito" no arrinque do sistema[20],
  • DKMS, sistema para a reconstrución automática dos módulos ao haberen actualizacións do kernel[20],
  • novo plugin do Totem para ver contidos da BBC[20].

Ubuntu 9.04 (Jaunty Jackalope)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 9.04 (Jaunty Jackalope, inglés para Jackalope alegre), que viu a luz en abril do 2009, é a décima versión de Ubuntu GNU/Linux. O seu soporte esténdese ata outubro do 2010.

Nesta versión preténdese reducir o tempo necesario para iniciar o sistema e regresar do estado de hibernación e de suspensión, e a integración de diversos servizos e aplicacións web coa interface do escritorio[22].

Ademais será a primeira vez que todo o desenvolvemento do núcleo de Ubuntu se traslade ao sistema de control de versión descentralizado Bazaar.

Ubuntu 9.10 (Karmic Koala)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 9.10 (Karmic Koala), que viu a luz en outubro de 2009, é a undécima versión de Ubuntu GNU/Linux. O seu soporte esténdese ata abril do 2011.

Ubuntu 10.04 (Lucid Lynx)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 10.04 (Lucid Lynx) viu a luz en abril de 2010.

Ubuntu 10.10 (Maverick Meerkat)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 10.10 (Maverick Meerkat) lanzouse o 10 de outubro de 2010.

Ubuntu 11.04 (Natty Narwhal)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 11.04 (Natty Narwhal) viu a luz o 28 de abril de 2011.

Ubuntu 11.10 (Oneiric Ocelot)

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 11.10 lanzouse o 13 de outubro de 2011.

Ubuntu 12.04 LTS ("Precise Pangolin")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 12.10 ("Quantal Quetzal")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 13.04 ("Raring Ringtail")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 13.10 ("Saucy Salamander")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 14.04 LTS ("Trusty Tahr")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 14.10 ("Utopic Unicorn")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 15.04 ("Vivid Vervet")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 15.10 ("Wily Werewolf")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 16.04 LTS ("Xenial Xerus")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 16.10 ("Yakkety Yak")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 17.04 ("Zesty Zapus")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 17.10 ("Artful Aardvark")

[editar | editar a fonte]

Ubuntu 18.04 LTS

[editar | editar a fonte]

Historial dos lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Versión Nome Data de lanzamento Fin do soporte
Escritorios Servidores
4.10 Warty Warthog
Xabaril verrugoso
20 de outubro de 2004 30 de abril de 2006
5.04 Hoary Hedgehog
Ourizo ancián
8 de abril de 2005 31 de outubro de 2006
5.10 Breezy Badger
Teixugo despreocupado
13 de outubro de 2005 13 de abril de 2007
6.06 LTS Dapper Drake
Pato elegante
1 de xu?o de 2006 14 de xullo de 2009 1 de xu?o de 2011
6.10 Edgy Eft
Píntega nerviosa
26 de outubro de 2006 25 de abril de 2008
7.04 Feisty Fawn
Cervi?o agresivo
19 de abril de 2007 19 de outubro de 2008
7.10 Gutsy Gibbon
Xibón valente
18 de outubro de 2007 18 de abril de 2009
8.04 LTS Hardy Heron
Garza robusta
24 de abril de 2008 12 de maio de 2011 9 de maio de 2013
8.10 Intrepid Ibex
Cabra intrépida
30 de outubro de 2008 30 de abril de 2010
9.04 Jaunty Jackalope
Jackalope alegre
23 de abril de 2009 23 de outubro de 2010
9.10 Karmic Koala
Koala afortunado
29 de outubro de 2009 30 de abril de 2011
10.04 LTS Lucid Lynx
Lince lúcido
29 de abril de 2010 9 de maio de 2013 Abril de 2015
10.10 Maverick Meerkat
Suricato disidente
10 de outubro de 2010 10 de abril de 2012
11.04 Natty Narwhal
Narval elegante
28 de abril de 2011 28 de outubro de 2012
11.10 Oneiric Ocelot
Ocelote onírico
13 de outubro de 2011 9 de maio de 2013
12.04 LTS Precise Pangolin
Pangolín preciso
26 de abril de 2012 Abril de 2017
12.10 Quantal Quetzal
Quetzal Cuántico
18 de outubro de 2012 Abril de 2014
13.04 Raring Ringtail
Lémur Ansioso
25 de abril de 2013 Xaneiro de 2014
13.10 Saucy Salamander
Salamandra Descarada
17 de outubro de 2013 Xullo de 2014
14.04 LTS Trusty Tahr
Tahr Leal
17 de abril de 2014 Abril de 2019
14.10 Utopic Unicorn
Unicórnio Utópico
23 de outubro de 2014 Xullo de 2015
15.04 Vivid Vervet
23 de abril de 2015 Xaneiro de 2016
15.10 Wily Werewolf
22 de outubro de 2015 Xullo de 2016
16.04 Xenial Xerus
21 de abril de 2016 Abril de 2021
16.10 Yakkety Yak
13 de outubro de 2016 Xullo de 2017
17.04 Zesty Zapus
13 de abril de 2017[23] Xaneiro de 2018
17.10 Artful Aardvark
19 de outubro de 2017 [24] Xullo de 2018
18.04 LTS (En desenvolvemento) Abril de 2018 Abril de 2023
Cor Lenda
Vermello Sen soporte
Amarelo Versión antiga aínda soportada
Verde Versión actual
Azul Lanzamento futuro

Fin do soporte

[editar | editar a fonte]

Ao rematar o soporte dunha versión de Ubuntu, os seus repositorios elimínanse dos servidores principais de Ubuntu, así coma dos seus mirrors. Aínda así, pódense atopar os repositorios de versións vellas de Ubuntu en old-releases.ubuntu.com.[25]

Variantes

[editar | editar a fonte]
Kubuntu 9.04 KDE4, na súa versión de escritorio.
Xubuntu é útil para usar con computadoras vellas e con poucos recursos.

Existen unha morea de variantes de Ubuntu, tanto oficiais -a filosofía de Ubuntu é a de crear distribucións dirixidas a públicos concretos- coma non oficiais.

O lanzamento das variantes oficiais está sincronizado cos lanzamento de Ubuntu. Das oficiais, Kubuntu e Edubuntu son as únicas que xunto coa estándar están dentro do servizo ShipIt que permite solicitar CDs de balde. As variantes oficiais de Ubuntu limítanse a instalar diferentes grupos de paquetes dos que leva o Ubuntu orixinal, pero posto que todas elas obte?en paquetes adicionais e actualizacións dende o mesmo repositorio que Ubuntu, todas te?en á súa disposición o mesmo software, e mesmo pódese instalar calquera delas dende o propio xestor de paquetes.

Canonical non controla nin xestiona as variantes non oficiais e derivadas, que adoitan ser forks con obxectivos diferentes dos da empresa. Estas versións distintas correspóndenlles a diversos grupos de persoas que se esforzan en fornecer e desenvolver diferentes funcionalidades á distribución. é frecuente ver distros que incrementan a estabilidade e/ou facilidade de uso para as diferentes necesidades do usuario final a través de diversas configuracións previas de programas e personalización das interfaces de usuario. As variantes oficiais da distribución son:

A popularidade de Ubuntu medrou constantemente dende o seu lanzamento no 2004. Ubuntu foi a distro de Linux máis vista en Distrowatch.com durante tres anos consecutivos (2005, 2006, 2007), e actualmente é a máis vista de cara ao 2008. As buscas de "Ubuntu" no buscador de Google foron en constante aumento dende a súa aparición en 2004, mentres que as doutras importantes distros de Linux descenderon ou se mantiveron nos mesmos niveis durante o mesmo período, tal é o caso de Fedora, Debian ou openSUSE. Nunha enquisa realizada en agosto de 2007 a 38.500 visitantes de DesktopLinux.com, Ubuntu resultou ser a máis popular, cun 30,3% de usuarios que afirmaban usala.

Ubuntu recibiu o premio Reader Award á mellor distribución de Linux en 2005 na linuxWorld celebrada en Londres, foi ben vista por diversas publicacións de medios dixitais e impresos, e recibiu o premio InfoWorld's 2007 Bossie Award ao Mellor Sistema Operativo de Código Aberto. Mark Shuttleworth dixo que polo menos oito millóns de persoas utilizaban Ubuntu ao rematar o ano 2006.

Mais Ubuntu tamén recibiu opinións en contra. Ars Technica botoulle unha ollada ao lanzamento inicial da versión 8.04 de Ubuntu e concluíu que aínda que era unha clara mellora con respecto da versión 7.10, algúns defectos non permitían a calidade da experiencia do usuario. En concreto, Ars Technica dixo que Transmission (un cliente BitTorrent) era simple de máis para os usuarios de BitTorrent, que o novo sistema de busca de ficheiros, o Tracker, era inferior ao anterior (Beagle), e criticou a configuración de PulseAudio, visión compartida polo creador do propio PulseAudio, Lennart Poettering, que afirmou que "Ubuntu non fixo precisamente un traballo estelar [optando por PulseAudio]. Non fixeron os deberes.". PCWorld criticou a falta dun xestor de efectos de escritorio integrado, o que non evitou que nomeasen a Ubuntu coma a "mellor distribución de Linux dispo?ible a día de hoxe". ChannelWeb criticou o instalador Wubi, alegando que o Windows Vista se colgaba ao rematar a instalación, e tamén dixo que se ben era posible conectarse a un directorio activo de Microsoft, o proceso non era o axeitado. Na súa revisión de Ubuntu 8.04, InfoWorld declarou que Brasero, a aplicación para gravar CD/DVDs, deixaba moito que desexar fronte ás alternativas de pago para Mac OS X e Windows.

  1. FAQ de Ubuntu (en inglés)
  2. "DistroWatch.com" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2017. 
  3. Martín, David (06/09/2008). "MuyComputer.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal (xornal dixital) o 09/09/2009. Consultado o 05/10/2008. 
  4. "Ubuntu's African Roots". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 2025-08-14. 
  5. The Ubuntu Story Arquivado 12 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. Time Based Releases (en inglés)
  7. Filosofía de Ubuntu (en inglés)
  8. Ubuntu-Title (en inglés)
  9. Mark Shuttleworth on binary compatibility (en inglés)
  10. "Equipo de Ubuntu" (wiki) (en inglés). Consultado o 26/09/2008. 
  11. Ubuntu official: Brainstorm
  12. Páxina do grupo Ubuntu Galician Translators (contido en galego, outros textos en inglés).
  13. O equipo de tradución ao galego de Ubuntu sitúa o idioma galego nos postos máis altos Arquivado 26 de abril de 2010 en Wayback Machine.” ─ Mancomún.
  14. Compo?entes de Ubuntu (en inglés)
  15. Licenza de Ubuntu (en inglés)
  16. "Backports (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2008. 
  17. Certificación de software de terceiros de Ubuntu (en inglés)
  18. Anuncio do lanzamento da primeira versión de Ubuntu, a 4.10, nunha lista de correo
  19. "Calendario de lanzamento de Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)" (en inglés). Consultado o 21/08/2008. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 "SomosLibres.org" (xornal dixital) (en castelán). 04/10/2008. 
  21. "SeguíLaFlecha.com" (en castelán). 04/10/2008. Arquivado dende o orixinal (xornal dixital) o 08/12/2008. Consultado o 06/10/2008. 
  22. "SoyGik.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal (blog) o 02/12/2008. Consultado o 05/10/2008. 
  23. "Zesty Release Schedule". wiki.ubuntu.com. Consultado o 7 de maio de 2017. 
  24. "Artful Release Schedule". wiki.ubuntu.com. Consultado o 28 April 2017. 
  25. old-releases.ubuntu.com/

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
什么t恤质量好 月字旁的字与什么有关 牡丹是什么意思 百思不得其解是什么意思 宝宝老是摇头是什么原因
耳浴10分钟什么意思 妈妈a型爸爸b型孩子是什么血型 反复发烧挂什么科 眼睛吹风就流泪是什么原因 牙龈起包是什么原因
颈动脉斑块挂什么科 黑猫警长为什么只有5集 着相什么意思 流局是什么意思 内分泌失调有什么症状
柠檬和什么一起泡减肥 碧字五行属什么 感冒头疼吃什么药好 女性下面长什么样 捂脸表情什么意思
高什么阔什么hcv8jop2ns6r.cn 静夜思是什么季节hcv8jop5ns0r.cn 袁崇焕为什么被杀hcv9jop1ns4r.cn 蝉的鸣叫声像什么hcv8jop3ns7r.cn 5月31号是什么星座hcv7jop9ns2r.cn
胸腰椎退行性变是什么意思hcv9jop3ns5r.cn 天蝎座的幸运色是什么hcv8jop0ns6r.cn 籺是什么意思hcv9jop8ns2r.cn 炒木耳为什么会炸锅hcv7jop9ns2r.cn 支那人什么意思xinmaowt.com
高血压中医叫什么hcv8jop8ns2r.cn 今年33岁属什么生肖的hcv9jop4ns3r.cn 暴躁是什么意思hcv9jop2ns9r.cn 经常发烧是什么原因hcv7jop5ns0r.cn 蝎子泡酒有什么功效hcv9jop0ns9r.cn
石家庄古代叫什么名字hcv9jop6ns1r.cn 怀孕第一个月有什么症状hcv8jop6ns4r.cn 头部爱出汗是什么原因gangsutong.com 贫血都有什么症状bfb118.com 软饭是什么意思hcv8jop5ns4r.cn
百度